FERROL360 | Xoves 12 novembro 2015 | 10:23
A Campaña de outono do comercio de Narón «Chegar e Encher» chega ao seu fin este semana coa entrega dos últimos 250 euros en premios. Os comercios están a agasallar aos seus clientes con vales canxeables por cucuruchos de castañas asadas premiando a súa fidelidade e compras.
Aqueles que non teñen vales tamén poden mercar os seus cucuruchos no posto de castañas, que este xoves estará no barrio de Sta Icía. A campaña, promovida pola Asociación de Comerciantes de Narón co apoio da Concellería de Promoción Económica, leva entregados xa 300 euros en compras.
Ademais, este xoves péchase o concurso de selfies que se está a celebrar no Facebook da campaña, e no que se premiará con 50 euros en compras ó mellor. Outro dos premios que queda por entregar esta semana son os 100 euros en compras a sortear entre quenes mercaron os paraugas promocionais da ACN.
Finalmente, este venres sortearanse os dous últimos vales de compra que por valor de 50 euros cada un, que poderán canxearse en calquera dos comercios participantes. Toda a información da campaña está nesta web onde pode consultarse o listado dos comercios participantes e mesmo como chegar a eles.
Debate sobre el post