FERROL360 | Mércores 22 abril 2015 | 14:07
O local social de A Gándara acolleu na tarde deste martes a presentación oficial da candidatura de Esquerda Unida de Narón. O candidato á alcaldía, André Abeledo, asegurou que EU é «un sopro de aire fresco para a vida política do noso concello» e que «é preciso que unha organización política que realmente crea nun novo municipalismo concorra a estas eleccións».
Abeledo explicou ós presentes que a candidatura está formada por mulleres e homes «cargados de valores». Así, salientou que palabras como honestidade, exemplo, coherencia, ética, xenerosidade e solidariedade son as que mellor poden definir ás persoas que forman a lista.
O candidato tamén advertiu que «a candidatura de Esquerda Unida en Narón é necesaria» porque trátase dunha formación con espírito de servizo á cidadanía, con persoas consecuentes co que din e co que fan e con xente do común con principios firmes.
Concluíu aseverando que «somos xente que sabe que a política ten que formar parte da nosas vidas, pero que nunca debe convertirse nunha forma de vida».
