Publicidad

A cantante Uxía actuará este mércores en Neda

FERROL360 | Luns 23 setembro 2013 | 15:45

Rosalía Pequeniña é o último traballo da cantante Uxía Senlle, onde interpreta textos musicados con melodías variadas e actuais a ritmo de muiñeira, rock, balada ou blues. Trátase dun libro-disco no que a cantante pon voz aos poemas de Rosalía de Castro. Nel tamén se recollen pezas de Curros Enríquez ou Luis Emilio Batallán.

O concerto forma parte do programa ‘FalaRedes 2013’ e percorrerá ata final de ano 40 dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O obxectivo que se pretende é promover o uso da lingua galega, celebrando ademais o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

O recital, que dará comezo ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Neda, é de entrada gratuíta.

Rosalía Pequeniña é o último traballo de Uxía Senlle (casadellibro.com)
Rosalía Pequeniña é o último traballo de Uxía Senlle (casadellibro.com)