FERROL360 | Venres 1 agosto 2014 | 11:18
A Carpa Xplora Xuventude é un punto de información para os mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos especialmente para eles. Asimesmo, tamén facilita asesoramento por parte de técnicos especializados.
Este venres a Carpa achégase a Cedeira, concretamente estará emprazada na praza A Marieta entre as 17:00 e as 19:00 horas. Pero ademais de información de interese, a carpa pretende ofrecer un espazo aos grupos de mozos e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.
A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.