Publicidad

A Casa da Xuventude de San Sadurniño acolleu un obradoiro sobre identidades LGTBi

FERROL360 | Sábado 27 agosto 2016 | 17:02

Armarios, orgullo e visibilidade: as identidades LGBTI no contexto actual foi o título do obradoiro que se desenvolveu este venres na Casa da Xuventude de San Sadurniño.

Charla e debate en pequenos grupos para abordar os prexuízos da sociedade, o autoconcepto, a autoestima e a necesidade de construír un imaxinario afectivo e sexual que asuma como normal todo o que non é hetero, dirixido pola activista da Marcha Mundial das Mulleres, Ximena González, e o membro do Grupo de Educación Rural da Nova Escola Galega, Ángel Amaro Quintas.

Unhas quince persoas asistiron ao obradoiro, enmarcado nos compromisos adquiridos polo Concello no pleno do pasado mes de xullo, cando os tres grupos con representación municipal aprobaron por unanimidade unha moción do BNG que apelaba a unha aplicación real da lei aprobada polo Parlamento galego en 2014 ao respecto da igualdade de dereitos para o colectivo.