FERROL360 | Luns 15 febreiro 2016 | 18:30
O concelleiro de Obras e Servizos de Fene, Antón Noceda, está a levar a cabo unha rolda de visitas ás parroquias do municipio para elaborar un mapa das necesidades de cada zona co consenso das asociacións veciñais.
O edil percorreu xa as parroquias de Magalofes, Sillobre e Perlío, que visitou a pasada semana. Nos vindeiros días, Noceda completará a ruta coas visitas a Fene, Maniños, Barallobre, San Valentín e Limodre.
En xeral, as principais demandas dos veciños se refíren á mellora das infraestruturas viarias, xa que moitas pistas atópanse moi deterioradas. Unha situación da que Noceda culpa ao PP pola falta de mantemento durante o seu mandato.
Os veciños tamén reclaman a limpeza de cunetas, a implantación de redes de auga e saneamento e a mellora da iluminación pública.
Debate sobre el post