FERROL360 | Domingo 6 febrero 2022 | 17:50
A delegación ferrolá do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu local da avenida de Esteiro número 129, acolle ata o vindeiro xoves 24 de febreiro a mostra Obras galegas premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, que se pode visitar de 10:00 a 14:00 horas.
Na última Bienal convocada seleccionáronse 70 traballos de entre todos os presentados, dos cales 14 eran de arquitectos galegos. As cinco premiadas son as que forman parte da mostra, como o Banco do Piñeiros no miradoiro da Pedra da Ra, en Ribeira, de Carlos Seoane.
Tamén a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Miraflores, Muros, de Fuertes Penedo Arquitectos; a intervención no campo de fútbol de A Gándara, en Silleda, de Abraham Castro e Carlos Pita; a estrutura efémera Tribuna Pública, na Coruña, de Flu-or Arquitectura e Alba González, e o Complexo Turístico de Albeida, en Outes, de Salgado e Liñares Arquitectos.