FERROL360 | Venres 9 outubro 2015 | 12:24
O pleno da Deputación da Coruña deu luz verde a un convenio coa asociación EuroEume para a implantación, certificación e promoción da marca «Produtos do Eume». Un proxecto que pretende implantar e promocionar esta marca identificativa en produtos de recoñecida calidade procedentes da actividade agroalimentaria desta área xeográfica.
Entre eses produtos figuran a produción bovina e cárnica, a apicultura e a produción hortícola. O acordo estipula unha achega por parte do ente provincial de 39.392 euros, que supoñen o 80 % do importe total do proxecto.
Así, nun primeiro paso desenvolveranse preto de 40 reunións nas que un enconomista e un enexeñeiro agrario analizarán con produtores e técnicos agrarios, así como con operadores como matadoiros, carnicerías e envasadores de mel da comarca, as singularidades que sustentarán a diferenciación dos «Produtos do Eume».
Posterioremente, procederase a tramitar a solicitude formal da certificación, así como á concesión do certificado de conformidade para cada produto. Na fase final, realzirase unha campaña de comunicación e promoción da marca, que incluirá, a edición de merchandising e desenvolvemento de xornadas cos produtos nos restaurantes da comarca.
Tamén se organizarán visitas guiadas ás explotacións e obradoiros dos produtores ou desenvolvemento de xornadas de showcooking en distintos espazos da provincia.
Debate sobre el post