FERROL360 | Sábado 27 setembro 2014 | 12:46
O avanzado estado de deterioro no que se atopa o conxunto arquitectónico que forman a igrexa de Santa María e o convento do Rosario en San Sadurniño fixeron necesarias unha serie de actuacións encamiñadas a súa conservación.
Así, as obras buscan a mellora da estrutura, a cuberta, os pavimentos e as instalacións de fontanería e saneamento. Deste xeito, evitaranse as continuas humidades no interior e se axudará a preservar a conservación dun ben de grande importancia para o patrimonio da provincia.
Precisamente para garantir o bo estado deste conxunto, a achega da Deputación é de 100.000 euros, o que supón preto do 75% do orzamento total da obra, cun custe de 134.247 euros. Para elo, o organismo aprobará no próximo pleno, que terá lugar o martes día 30, un convenio coa Diócesis de Mondoñedo-Ferrol.
A primeira referencia que se conserva do conxunto arquitectónico que forman a igresa e o convento é do ano 868. Pertence á sede Iria Falvia e en su interior conserva os sepulcros de Fernando de Andrade e a súa muller Inés de Castro.
O claustro dispón dun xardín central e está composto por 28 arcos con esquinas escalonadas, destacando entre as súas estancias unha escaleira de serpente feita con pedra de Moeche, un reloxo de sol e a Sala de Profundis, lugar onde os relixiosos rezaban o salmo antes de pasar ao refectorio.
