FERROL360 | Venres 2 xaneiro 2014 | 18:48
A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Conservación de Vías Provinciais investirá 304.282 euros en melloras na estrada DP 4909 de Moeche. Dende o punto quilométrico 2,2 ao 6,9 pavimentarase o viario con mestura asfáltica en quente e se abrirán as cunetas a ambas marxes do tramo, incluíndo a roza de noiros e a formación de beiravías.
O proxecto contempla a renovación da sinalización co pintado do eixo da estrada, beiravías e símbolos de velocidade, ademais de pasos de cebra e a instalación de sinais verticais que inclúen paneis direccionais.