Publicidad

A Escola de Música Moderna de Narón abre o prazo de inscrición este luns

FERROL360 | Miércoles 3 septiembre 2014 | 20:16

A concelleira de Mocidade do Concello de Narón, Natalia Hermida, informou este mércores da apertura do prazo de inscripción para asistir á Escola de Música Moderna e para facer uso da Aula de Ensaio destinada aos grupos noveis.

Este luns xa poderán formalizarse as inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), no primeiro andar do Concello, en horario de mañá.

As condicións tanto para a Escola como para a Aula, é ter entre 16 e 30 anos. No caso dos grupos noveis que fagan uso da aula, terán que ter, alomenos, un dos seus integrantes empadroado en Narón. O prezo das clases é de 8,15 euros mensuais e da Aula, a taxa e a mesma por cada integrante do grupo, e en cada sesión de ensaio.

As instalacións se sitúan na Casa da Mocidade e permanecen abertas de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas. As clases iniciaranse no mes de outubro, e os grupos iranse conformando segundo a demanda existente.

A Escola de Música Moderna oferta para este curso clases de baixo, guitarra (iniciación e perfeccionamento) e batería.