FERROL360 | Mércores 1 xullo 2015 | 11:09
O servizo de asesoramento da Escola de Participación Cidadá de Narón continuará funcionando durante o mes de xullo e pechará por o mes de agosto. Así, o horario será os mércores, xoves e venres, de 09.30 a 13.30 horas no baixo da Casa da Cultura, na praza de Galicia. E os luns e martes realizaranse visitas aos centros cívicos e haberá reunións coas asociacións nos seus locais.
As entidades interesadas en concertar visitas co persoal técnico poden facelo chamando ao teléfono: 629.747.336 ou a través do enderezo electrónico: escoladeparticipacion@cidadania.coop. A Escola de Participación Cidadá asesora ás entidades sobre como mellorar a comunicación coas persoas, dinamizar os barrios, organizar de asembleas ou elaborar actas.
No mes de setembro o servizo retomará o seu funcionamento normal coa activación dos catorce Consellos Territoriais dos barrios e parroquias, nos que se incorporarán representantes de todos os grupos políticos municipais e das asociacións de cada barrio. Tamén se desenvolverán obradoiros de formación sobre as canles de participación cidadá na administración local.