
FERROL360 | Luns 8 xullo 2013 | 12:58
Ata oitenta e dous nenos e nenas de entre cero e tres anos poderán ser escolarizados na gardería que se está a construír nunha superficie entre os barrios de Esteiro e Recimil. Os veciños de Esteiro, tras varios exercicios de espera, conseguirán que os seus fillos e fillas poidan estrear a que será a cuarta “Galiña azul” de Ferrol.
Desde o ano 2005, tal e como lembrou este luns a Asociación Veciñal, realizaron unha recollida de mil sinaturas, unha campaña de pegada de cartazes, encontros con todos os grupos municipais e coa que fora delegada de Benestar da Xunta na Coruña, Tereixa Novo. Ademais, defenderon no pleno do Concello de Ferrol unha moción que foi aprobada por unanimidade.
Amósanse satisfeitos porque «ven recompensado un esforzo que non sempre é recoñecido». Aseguran que seguirán a traballar en prol do barrio de Esteiro e da cidade de Ferrol.
A construcción e equipamento do centro están financiados pola Fundación Amancio Ortega tras un convenio establecido coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O seu orzamento ascende a 1,2 millóns de euros.
Debate sobre el post