Publicidad

A eumesa Eva Veiga súmase ás Letras coa «Cabeza de deusa» de Carvalho Calero

A eumesa Eva Veiga (foto: Numax)

FERROL360 | Domingo 17 maio 2020 | 12:30

A poeta e xornalista eumesa Eva Veiga deixa tamén a súa aportación ao Día das Letras Galegas. Da man do Grupo Ouriol, vén de publicar na rede a súa interpretación de «Cabeza de deusa», poema de Ricardo Carvalho Calero, autor ferrolán ao que se lle rende homenaxe neste domingo en toda a comunidade galega.

Neste traballo, Veiga está acompañada por Bernardo Martínez e Fito Ares no apartado musical. A imaxe desta peza audiovisual, que pode verse na conta do mencionado grupo en YouTube, corre a cargo de Alfonso Costa. A poética foi só unha das vertentes de Carvalho Calero, prolífico tamén no ensaio ou na narrativa.