FERROL360 | Venres 7 marzo 2014 | 12:40
A casa da cultura do Concello de Fene presenta este venres ás sete da tarde a exposición da artista ferrolá Mari Carmen Sendón. Ao acto de inauguración tamén acudirá a poeta Amelia de Querol Orozco.
Ata o vindeiro 28 de marzo poderá contemplarse a mostra que baixo o título Eu mesma agocha figuras de cerámica e tres tipos de pintura distintas.
A artista explica que tanto na pintura ao óleo como na cerámica, emprega «unha temática variada con tendencia cara o sinxelo, cara o movemento, cara a natureza máis común: os nosos campos, as nosas flores, camiños…». Nunha vintena de cadros, Sendón representa figuras mitolóxicas ou a flora e a fauna galega, a través das que di expresar «as miñas sensacións, os meus soños, os meus sentimentos e o que son «eu mesma»».
O horario de visitas de luns a venres será de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os sábados só de 10:00 a 13:00 horas.
Debate sobre el post