Publicidad

A falla de rehabilitación no mercado de Recimil tápase cunha lona

FERROL360 | Domingo 6 febrero 2022 | 18:50

O voceiro do BNG de Ferrol, Iván Rivas, acusou ao Goberno local de desentenderse do acordo para a rehabilitación do mercado de Recimil e lamentou que «a única medida tomada polo Executivo sexa colocar unhas lonas para ocultar o seu estado», criticando que o alcalde, Ángel Mato, «prefire tapar as súas vergonzas con fotos bonitas en vez de executar a partida orzamentaria para a recuperación deste mercado municipal».

Rivas cree que o Goberno local amosa que está máis preocupado polas apariencias que por buscar solucións para revitalizar o mercado, incidindo en que Mato «debe pensar que se un problema non se ve non existe, cando o que debería facer é desenvolver o proxecto e iniciar de inmediato as obras para a recuperación do mercado de Recimil incluido nos orzamentos municipais».

Lembra que o acordo dos orzamentos que asinaron co BNG non era colocar unhas lonas decoradas no mercado, senón acometer unha recuperación e rehabilitación do espazo cunha partida de 900.000 euros. «Este tipo de maquillaxe, que mesmo incumpre a ordenanza municipal de normalización lingüística, non é o camiño que debe tomar o Goberno local se queremos dotar á cidade dunhas infraestruturas adecuadas que permitan dinamizalas», conclue o BNG.