Publicidad

A Feira do 21 de Cabanas cumpre 105 anos

FERROL360 | Domingo 19 xuño 2016 | 14:25

A Feira do 21 de Cabanas está de noraboa, e é que neste mes de xuño alcanza os 105 anos, convertíndose nun dos mercados con máis tradición e cun público fiel que a mantén no calendario da comarca.

En tan sinalada data, o Concello de Cabanas fai un chamamento á veciñanza para que secunde a cita este martes. Como é habitual, os postos de venda de productos da horta, utensilios de labranza, cestería e outros permanecerán fieis nas inmediacións da praia da Madalena durante toda a mañá. Acudirá tamén un pulpeiro, que ofrecerá racións para xantar a prezos populares.

Nos últimos anos, o Concello traballou por manter e impulsar esta feira, aprobando ampliar a súa celebración máis aló do 21 de cada mes. Así, dende hai uns anos o mercado tamén ten lugar os segundos domingos de mes.