Publicidad

A festa do Oenach Atlántico de Sedes suma novo éxito de público na súa 21 edición

FERROL360 | Luns 29 xullo 2019 | 11:27

A vixésimo primeira edición do Oenach Atlántico suma un novo éxito de público. A cita, que se celebrou desde o venres e ata o domingo, logrou reunir a numerosas persoas que desfrutaron coa ampla programación deseñada dende o Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes.

Unha edición ademais moi especial na que esta Festa de Interese Turístico de Galicia contou coa colaboración de integrantes da AVV Val de Esmelle e representantes de asociacións que organizan co Concello de Lugo o Arde Lucus, evento co que a pasada semana se irmandaba o Oenach Atlántico .

Durante toda a fin de semana, na zona da campa do Trece, a festa non decaeu coa cerimonia do acendido do lume para inaugurar a cita, concerto de Leilía, gastronomía, mercado de artesanía, obradoiros e recreacións de oficios tradicionais, sen esquecer as actividades para os peques da casa.