Publicidad

A Final da Copa Galicia EBA 2015-Narón de Baloncesto dispútase este domingo na Gándara

FERROL360 | Mércores 21 outubro 2015 | 12:11

O Club Baloncesto Narón-Santiago Apóstol disputará a final da Copa Galicia EBA 2015-Narón, por segundo ano consecutivo, co equipo Santo Domingo de Betanzos. A cita será este domingo, a partires, das 18:00 horas nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara.

A convocatoria está organizada pola Federación Galega de Baloncesto e a Agrupación Deportiva Colexio Santiago Apóstol. Na presentación da final, o presidente do Club Baloncesto Narón-Santiago Apóstol, Juan Manuel Pérez, apuntou que as entradas terá un prezo de tres euros para os maiores de 18 anos. Poderán adquirirse o mesmo día do evento deportivo no pavillón da Gándara.

Pola súa banda, o edil de Deportes de Narón, Román Romero, animou á veciñanza da localidade e da comarca a acudir a esta cita deportiva este domingo. O Concello de Narón colabora con esta actividade, a través do Padroado de Deportes, tal e como lembrou Romero.