FERROL360 | Martes 17 de septiembre de 2024 | 11:59
Marta Vázquez Xerente da cooperativa do Val, comparte con nós unhas palabras no comezo das actividades: «Setembro sempre é un mes de ilusión pola reapertura do curso escolar, aínda que só hai unha
semana que despedimos con moita emoción aos pequenos e pequenas que pasaron o verán no noso
campamento escolar, enchendo de risas as aulas e o parque.
Este ano, coma os anteriores, xa temos preparadas para vós as actividades para adultos, para nenos e para seniors, con horarios de mañá e de tarde adaptados ás vosas preferencias. Os nosos 1000 m² darán acollida este novo curso, non só as clases, senón aos tradicionais xantares, festivais, eventos, e por suposto ás vosas xuntazas nesta vosa segunda casa. É para nós unha ledicia, cada ano, dar comenzo ao curso. ¡Benvidos e benvidas á nosa Fundación!».
As inscricións xa están abertas nos diferentes cursos deste ano, recordarvos que a primeira clase de proba é gratuita, para quenes queran achegarse a probar.
Propostas de actividades
Entre as propostas deste ano continúan coa ximnasia terapéutica, pilates, os obradoiros de memoria, inglés, informática, internet, cantareiras, gaita e teatro. Ademais, a Fundación conta cun amplo aparcamento sen custe, e con parque infantil e de calistenia nun entorno natural e seguro.
Outro servizo que ofrecen é a cafetería aberta ao público con salas espaciosas e biblioteca de lectura. Ademais doutros servizos que facilitan os desplazamentos os veciños como son a fisioterapia, logopedia, podoloxía, odontoloxía, estética e perruquería.
Deixamosvos os horarios do centro: recepción e cafetería de 9:00 horas a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. Tamén se poden consultar calquera dúbida no teléfono 981 36 35 56.
Debate sobre el post