FERROL360 | Martes 21 xullo 2015 | 11:34
Este sábado, 25 de xullo, celébrase o día de Galicia, pero a Fundaçom Artábria adiántase uns días para conmemorar esta data coa organización dunha palestra internacionalista na que abordarase a realidade dos países cataláns, segundo indican desde a entidade.
A cita será este xoves ás 19:30 horas no centro social de Artábria e no acto intervirán Simón Vázquez, membro de Endavant (OSAN) e Maria Plana, voceira de Som Països Catalans. Ademais desta actividade, a Fundaçom Artábria convida á cidadanía a colocar a bandeira de Galicia das fiestas e fachadas das casas.
Asimesmo, a entidade indica que traballan «para que o nosso país esteja no lugar que lhe corresponde no espaço europeu e aportamos o nosso pequeno grao de areia na construçom nacional da Galiza».
Por outra banda, o centro social de Artábria permanecerá pechado os días 24 e 25 de xullo.
Debate sobre el post