FERROL360 | Mércores 29 xuño 2016 | 11:05
A Fundaçom Artábria promove durante todos os venres dende o 1 de xullo ate o 26 de agosto un curso básico de galego, en base á normativa reintegracionista, impartido por Maurício Castro.
As aulas comezaran este mesmo venres, en horario de 12:00 a 13:00 horas, cun total de nove horas de duración. O custe da matrícula é de 10 euros ao mes para as persoas que non sexan socias, e será de balde para as que sexan socias.
Para apuntarse cómpre pasarse polo seu local na Travesía de Batallóns, ou escribir no enderezo electrónico correiodeartabria@gmail.com.