Ferrol360 | Martes 29 agosto 2017 | 10:58
Un centenar de persoas participaron na segunda edición da Ruta Cicloturista Concello de Cabanas celebrada o pasado sábado. Unha iniciativa solidaria que conseguíu reunir preto de 250 quilos de alimentos para o Banco de alimentos do municipio.
Desde a Concellería de Deportes salientan a importante participación na actividade, que na súa primeira edición contou con algo máis de 60 participantes. Unha evolución que consolida a iniciativa no calendario deportivo local.
A marcha estivo organizada polo Concello, en colaboración coa SCRYD San Mamede de Laraxe e a AVV de Santa Cruz. O punto de partida e saída foi no local da primeira entidade e a ruta contou con dous percorridos adaptados ás idades de 19 quilómetros e 2,5 quilómetros.
Ao remate da ruta os participantes máis novos participaron nunha xincana no local da SCRYD San Mamede, pensada especialmente para o disfrute dos máis pequenos, que recibiron unha medalla en caso de completala.
Debate sobre el post