FERROL360 | Venres 8 setembro 2017 | 12:10
Un maltratador non é un bo pai é o lema escollido pola Marcha Mundial das Mulleres para convocar este sábado ás 19:00 horas unha concentración co obxectivo de reclamar «xustiza sen machismo» e colocar no debate público «a necesidade de dotar de medios e profesionais a unha xustiza que non protexe ás mulleres que sufren violencia».
Sinalan que Juana Rivas tan só é un exemplo «do que a xustiza machista fai todos os días», así que este sábado cidades e vilas galegas acollerán a mobilización. En Ferrol será na praza de Amada García -diante do edificio administrativo da Xunta-, na Coruña será no Obelisco, en Compostela na praza 8 de marzo, en Lugo na Praza Maior, en Ourense na subdelegación, en Pontevedra na Peregrina e en Vigo no Marco.