Publicidad

A Marcha Mundial das Mulleres e IU critican a elección de Meca Arcos como homenaxeada no Día da Muller

FERROL360 | Sábado 7 marzo 2015 | 20:30

A Marcha Mundial das Mulleres e o grupo municipal de Esquera Unida no Concello de Ferrol consideran «desafortunada» a elección de Meca Arcos como homenaxeada no Día Internacional da Muller. Explican que Arcos representa a unha comunidade, a católica, que ten definido un rol para a muller co que non están de acordo.

Tanto a Marcha Mundial coma o grupo de EU afirman que respetan a figura de Merca Arcos, pero non consideran que sexa representativa para todas as mulleres. «Parécenos excluínte e discriminatorio, xa que así non se está representando á gran maioría de nós», indican desde a Marcha Mundial das Mulleres nun comunicado.

«Hai moitas outras mulleres que fixeron unha importante labor polos dereitos e visibilización da muller e esas si son representativas e merecedoras dunha homenaxe polo 8 de marzo», conclue a organización.

Pola súa banda, desde EU sinalan que ser presidenta da Coordinadora de Confradías da Semana Santa non é un traballo en sentido técnico e ser a primeira muller cofrade non é unha elección que «poida ser alabada desde unha óptica institucional» dun Estado laico.

Denuncian ademais, que non se tivo en conta a opinión do resto dos grupos para facer propostas e elixir á homenaxeada. Lamentan tamén que «se persevere nunha política sectaria en cuestións de igualdade que só contenta aos sectores máis recalcitrnates e ultraconservadores do PP».

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol