FERROL360 | Mércores 4 marzo 2015 | 18:03
«Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita» é o lema da manifestación unitaria que se celebrará en Santiago de Cosmpostela o domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A Marcha Mundial das Mulleres participará nesta convocatoria e habilitará un bus para poder desprazarse ata Compostela.
O autobús sairá de Ferrol ás 10:00 horas desde o edificio de Correos e realizará paradas en Caranza e Fene. O custo por persoa é de 7 euros e aqueles interesados deben reservar a súa praza chamando ao número 659 352 044 antes do xoves 5 de marzo ás 14:00 horas.
Para aqueles que viaxen no seu coche, a manifestación partirá da estación de tren de Santiago ás 12:00 horas.
Debate sobre el post