Publicidad

A Marcha Mundial das Mulleres pide a dimisión de Verónica Casal como concelleira de Igualdade

FERROL360 | Venres 13 marzo 2015 | 13:59

A Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra pide a dimisión da concelleira de Igualdade, Verónica Casal, por «insensibilidade» cara os temas que afectan ás mulleres, ademais de por «antidemócrata e por prepotente».

Nun comunicado, a organización relata unha serie de desencontros con Casal desde que é concelleira de Igualdade. Así, explican que a mala relación comezou cando a edil prohibíu á entidade o pintado das siluetas no chan da praza de Armas cando unha muller é asasinada como vítima da violencia de xénero en Galicia.

Tamén se queixan desde a Marcha Mundial das Mulleres que a concellería denegoulles unha subvención e o recurso que presentaron nunca tivo resolución oficial. Denuncian ademais que foron a única organización de mulleres que non foi convidada a participar nas mesas de traballo constituídas para a elaboración do III Plan de Igualdade.

Outro dos motivos polos que piden a dimisión de Casal é porque a edil se nega a manter unha xuntanza coa MMM, segundo afirma a entidade. Ao parecer, solicitaron en varias ocasións reunirse coa concelleira, pero non foi posible porque Casal alega que nunha xuntanza coas integrantes do colectivo sentiuse insultada por unha delas.

Segundo explican desde a Marcha Mundial das Mulleres, esta persoa díxolle é edil que amosaba moi pouca sensibilidade co tema da violencia machista cando estaban a falar da prohibición do pintado das siluetas.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Noche de las Pepitas Ferrol