Publicidad

A naronesa Paula María Viñas gaña o VI Concurso de fotografía Cidade de Narón

FERROL360 | Domingo 20 decembro 2015 | 14:13

O VI Concurso de fotografía Cidade de Narón quedou en casa ao recaer na naronesa Paula María Viñas Cortizas. A súa imaxe Cardumen-1 acadou o primeiro premio do certame e recibirá 750 euros en metálico.

A edil de Turismo, Natalia Hermida, valorou a calidade dos traballos presentados a este certame, cunha temática centrada na promoción do deporte na localidade. En total presentáronse 29 fotografías realizadas por persoas de Narón, Fene, Ferrol, Irixoa e A Coruña.

O segundo premio recaeu en Juan Ángel Quintiá, de Fene, con Natureza e benestar durante a carreira ao Castro de Eiravedra e o terceiro en María Elena Abad, de Ferrol, coa fotografía Finish Golf Swing, dotados con 300 e 150 euros respectivamente.

Hermida avanzou que a maiores das fotografías premiadas seleccionáronse nove máis das presentadas ao certame, todas pasan a ser propiedade do Consistorio, para ilustrar o calendario de sobremesa do Concello de 2016.

En total, explicou a edil, editaranse cincocentros que se repartirán desde o Concello e estarán a disposición da veciñanza no acceso ao Consistorio a partir da última semana deste ano.