Publicidad

A piscina municipal de Fene acolle unha xornada de bautismo de mergullo adaptado

FERROL360 | Venres 6 maio 2016 | 10:08

A concellería de Deportes do Concello de Fene, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), o club fenés Cas Nautilus e a asociación Aspaneps Fene, organizan unha nova sesión de bautismo de mergullo adaptado.

Consiste nunha actividade deseñada para estimular a curiosidade dos participantes, que traballarán a respiración, coñecerán que facer para contrarrestar a presión baixo a auga e aprenderán normas básicas de seguridade a través de sinais submarinas.

Cada participante estará guiado por dous monitores do Club Cas Nautilus, formados para traballar con persoas con discapacidade ou necesidades especiais.

A xornada terá lugar este sábado na piscina municipal de Centieiras entre as 17:00 e as 19:15 horas.