Publicidad

A piscina municipal de Fene pecha este martes por mor dasobras de acondicionamento

FERROL360 | Luns 1 xuño 2015 | 19:13

Por mor das obras de acondicionamento da piscina municipal de Fene, estas instalacións deportivas permanecerán pechadas durante toda a xornada do martes, 2 de xuño. O Concello levará a cabo traballos para a modificación da canalización de gas.

A piscina recuperará o mércores os seus horarios habituais de actividade. En todo caso, o Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración cidadá.