Publicidad

A piscina natural da Cobeluda en Neda terá un novo peche de madeira para reforzar a seguridade

FERROL360 | Mércores 13 agosto 2014 | 19:09

Esta semana daban comezo as obras de construción dun peche de madeira no entorno do río Castro co obxectivo de reforzar a seguridade na piscina natural da Cobeluda. Os traballos consistirán na instalación dunha barandilla a base de madeira tratada na marxe esquerda do cauce fluvial.

Se todo sae segundo o previsto, a actuación estará finalizada este mesmo mes e o seu orzamento supera os 6.000 euros, que financia integramente a Xunta de Galicia. A construción do peche vén a completar unha primeira intervención, realizada no 2013, coa que se instalou unha primeira barandilla no lado oposto ao proxectado agora.

Cada ano, o Concello de Neda pecha a presa do río Castro co obxectivo de habilitar a piscina natural. Unha zona de baño de 50 metros de lonxitude por 10 de ancho nun entorno privilexiado, en plena natureza.

A medida non só dá lugar á zona de baño, senón que tamén permite a captación de auga en caso de que sexa necesaria para a extinción de incendios na época estival.

Piscina natural da Cobeluda en Neda (foto: Concello de Neda)
Piscina natural da Cobeluda en Neda (foto: Concello de Neda)