Publicidad

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto celebrará unha Mani-fest-acción en Vigo

FERROL360 | 31 maio 2014 | 20:19

O vindeiro 15 de xuño e coincidindo co aniversario da creación da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, a entidade celebrará en Vigo unha Mani-fest-acción e múltiples actividades ao longo da xornada.

A Plataforma convoca a todas as mulleres de Ferrolterra a acudir a este acto para o que dispoñerán dun autobús que sairá ás 09:00 horas dende o Teatro Jofre e regresará de Vigo ás 19:00 horas. P prezo é de 10 euros e para apuntarse hai que chamar ao teléfono 659.352.044. «Como queremos encher Vigo de lila, pedimos a todas as mulleres que e a poder ser vaian vestidas de lila», indican dende a Plataforma.

Unha das actividades implicará un espazo para poñer mesas ao longo da rúa do Príncipe. Así, haberá mesas exclusivas de venda de artesanato, polo que todas aquelas mulleres artesáns de Ferrolterra que queiran apuntarse poden facelo aquí antes do día sete de xuño.