FERROL360 | Mércores 13 xaneiro 2016 | 16:39
Un total de 23 locais participan na ruta de pinchos «Andar de bAres», que se desenvolverá durante as vindeiras fins de semana deste mes. O obxectivo da iniciativa é impulsar a hotalería de Ares, ao tempo que recuperar a tradición de quedar en grupo para saír a tomar os viños ou outra bebida.
Os locais participantes ofrecerán un pincho con cada consumición, ao prezo de 2 euros. Os interesados en realizar a ruta poden solicitar nos establecementos o díptico de «Andar de bAres» para selar o seu paso por cada un deles.
Unha vez que a folla estea completamente cuberta cos sellos dos 23 establecementos, hai que entregala nalgunha das furnas que estarán repartidas por todos os locais antes do día 3 de febreiro.
Así, levarase a cabo un sorteo entre todos os participantes con agasallos que inclúen: un televisor de plasma, unha tablet, un botellón de viño, ou vales de compra xentileza do comercio de Ares, entre outros.
A entrega dos agasallos aos participantes será o día 7 de febreiro na carpa instalada na praza da Constitución con motivo do Entroido a partir das 18:00 horas. Neste mesma xornada, tamén se entregará aos establecementos o premio na categoría de pincho máis popular, o que maior puntuación do público acade.
A ruta foi presentada este mércores polo concelleiro de Turismo, Comercio e Industria de Ares, Gustavo Pita, a edil Olimpia Marcos, e Manel Pérez en representación de Bodegas Murillo-Viteri e Bodegas&Viños Ares.
Debate sobre el post