FERROL360 | Mércores 7 outubro 2015 | 16:31
Esta semana é moi especial para os integrantes da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e é que celebrar un 88º aniversario non se fai todos os días. A entidade programou unha serie de actos para este xoves e sábado e convida a toda a cidadanía de Ferrolterra a festexar esta data tan sinalada.
Así, este xoves ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Contos do Mar de Irlanda de Xurxo Souto. A cita será no local social do Seixo e dentro da presentación proxectarase o documentario Gaiteiros do Mar.
A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega fai un chamamento a todas aquelas persoas relacionadas co traballo no mar para que se acheguen ese día á sociedade «para conversar e rescatar vellas vivenzas e recordos salgados».
O sábado día 10 de outubro, ás 20:30 horas, haberá unha actuación do Real Coro Toxos e Froles no escenario do Seixo. Tamén contarase coa presenza de Bernardo Máiz, que fará un breve percorrido pola histórica relación entre o Real Coro Toxos e Froles e a Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.
Debate sobre el post