FERROL360 | Venres 8 abril 2016 | 10:18
Este sábado e domingo terá lugar a VII Feira Multisectorial Agrícola, que se desenvolverá no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Preto de corenta de expositores procedentes de diferentes municipios da provincia amosarán aos visitantes as últimas novidades no sector en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Na presentación do programa, a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, avanzou que este ano haberá unha exposición de aves de corral, como novidade. O programa de actividades inclúe unha mostra de uso de maquinaria agrícola, obradoiros de poda e tamén actividades pensadas para os peques como obradoiros infantís e un área de ludoteca.
Non faltará tampouco nesta cita unha zona de restauración, onde se poderá degustar polbo, e o domingo en horario de mañá haberá unha sesión vermú para amenizar este evento. Coma sempre, os visitantes poderán adquirir as últimas novidades en maquinaria agrícola, aves de corral, plantas e árbores froiteiras, doces artesáns, alimentos ecolóxicos e artículos de artesanía.
As persoas que se despracen á feira, que ten entrada de balde, participarán nas dúas xornadas no sorteo de diferentes agasallos. Coas compras realizadas, recibirán un tícket co que poderán obter diferentes artículos que permanecerán á venta na feira.
Debate sobre el post