FERROL360 | Domingo 5 xullo 2015 | 17:58
A Xunta de Galicia acometerá as obras para cubrir o partio do colexio Ponte de Xuvia de Narón a vindeira semana, previsiblemente o luns. Así llo confirmou persoal da dirección do centro á concelleira de Educación, Mercedes Taibo, quen incidiu na importancia que ten a execución destes traballos e lamentou o retraso que acumulan.
A edil lembrou que o Concello concedeu hai máis dun mes os permisos necesarios para o inicio dos traballos e indicou que confía en que os alumnos do colexio Ponte de Xuvia dispoñan canto antes dun patio cuberto que poderán utilizar para desenvolver diferentes actividades ao longo do curso escolar.