Publicidad

A Xerencia Integrada de Ferrol incorpora unha ferramenta que cambia a aparencia dos nomes de medicamentos parecidos

FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 15:42

A ferramenta de seguridade Tallman Letters cambia a aparencia dos nomes de medicamentos parecidos nos lugares que se visualizan, como as pantallas informáticas ou os etiquetados, para resaltar as seccións dos nomes que son distintas e acentuar as súas diferencias. Para elo emprega letras maiúsculas ou outros elementos tipográficos.

O Servizo de Farmacia da Xerencia Integrada de Ferrol incorporou esta ferramenta co obxectivo de facilitar aos profesionais a prescrición electrónica dese medicamento ou especialidade, evitando así posibles erros, co beneficio en seguridade que isto supón para a poboación desta área.

Así, revisáronse a totalidade dos medicamentos de uso no programa de prescrición, e cambiouse a aparencia das letras, empregando maiúsculas para resaltar as diferenzas en nomes parecidos. Trátase doutra das medidas acordadas no Núcleo de Seguridade que existe para potenciar accións en moi diferentes eidos que implican unha asistencia segura.