FERROL360 | Sábado 17 outubro 2015 | 16:49
A Vicepresidencia da Xunta, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, vén de instalar unha caldeira de biomasa no xulgado de Ortigueira, que permitirá aforrar en torno ao % do seu consumo actual de gasóleo.
A actuación enmárcase na Estratexia Integral de Impulso da Biomasa 2014-2020, que está desenvolver o Goberno galego para incentivar o consumo práctico deste combustible autóctono, menos contaminante que permite colaborar ao desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia e á redución dos riscos de incendios forestais.
Esta medida ten múltiples beneficiarios. Dunha banda, os empregados e usuarios dos edificios públicos, que contarán con caldeiras máis modernas e un aumento do grado de confort nas épocas de frío.
Doutra banda, a propia Administración porque o combustible que empregan estes equipamentos térmicos supón un custe moito menor ao gasóleo, xa que os aforros no custe da materia prima roldan o 50 5.
Ademais tamén se ve beneficiada a sociedade galega no seu conxunto, xa que supón un pulo a un sector en expansión ao contribuír ao fortalecemento do sector industrial galego xerando emprego e previndo os incendios forestais.
Debate sobre el post