Publicidad

Aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de igualdade en Narón

FERROL360 | Xoves 23 abril 2015 | 11:32

O ‘Obradoiro de Igualdade en materia de emprego’ do Concello de Narón está dirixido ó empresariado da localidade, asesorías fiscais, laborais e contables, e asociacións de comerciantes e empresariais. Consistirá nunha microsesión informativa (de 50 minutos de duración) na que se reflexionará sobre a corresponsabilidade social no eido empresarial.

Os participantes tamén compartirán boas prácticas e experiencias en materia de Igualdade no eido laboral, que permitan a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. O obxectivo desta iniciativa é traballar a prol da Igualdade no emprego, sensibilizando ó empresariado das vantaxes da Igualdade e erradicando os estereotipos de xénero nesta materia.

Os interesados en participar no obradoiro xa poden inscribirse presentando a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá. Teñen ata o día 30 de abril e hai un máximo de 25 prazas. A actividade, gratuíta, se celebrará o xoves 7 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20:30 horas. Esta proposta forma parte do II Plan Municipal de Igualdade do Concello de Narón.

Banner Odeon