Publicidad

Aberto o prazo para inscribirse na vindeira andaina do programa «Ponte en ruta con nós»

FERROL360 | Venres 1 abril 2016 | 16:40

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na sexta andaina do programa «Ponte en ruta con nós» do Concello de Narón. As persoas interesadas en anotarse deben facelo no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 e os venres de 9:00 a 13:00 horas.

Nesta ocasión, os participantes percorrerán o tramo dos Camiños milenarios do Val, duns dezaseis quilómetros. A saída terá lugar o 24 de abril ás 9:30 horas, sendo o punto de encontro dos participantes no pavillón polideportivo da Gándara.

A ficha de inscrición pode descargarse da páxina web do Padroado de Deportes de Narón. O último día para apuntarse, no caso de que queden prazas dispoñibles, será o día 20 de abril. A cota a pagar é de tres euros, cantidade coa que se cubren os gastos de desprazamento en autobús ata o punto de partida do itinerario e de regreso ao polideportivo da Gándara.

Os camiñantes realizarán unha parada para un avituallamento e recbirán un agasallo. O programa inclúe outras dúas andainas polo termo municipal, que están convocadas para os días 22 de maio e 26 de xuño.