Publicidad

Aberto o prazo para inscribirse no programa de Garantía Xuvenil

FERROL360 | Luns 2 febreiro 2015 | 18:23

Os mozos de entre 16 e 24 anos xa poden inscribirse no programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia, que inclúe actuacións para mellorar a empregabilidade e para facilitar a inserción no ámbito laboral. No caso das persoas con discapacidade a idade máxima amplíase ata os 29 anos.

Desde a concellería de Emprego de As Pontes poñen a disposición dos mozos toda a información relativa a este programa nas súas dependencias. Tal e como explican desde o departamento, inscribirse nesta iniciativa faise imprescindible para participar en programas específicos de formación e emprego, como Escolas Taller ou prácticas non laborais en empresas.

Por iso recomendan ós interesados que acudan a estas dependencias onde lles explicarán cales son os requisitos esixidos para poder inscribirse, así como os pasos a seguir para a súa tramitación electrónica. Ademais, aqueles que non teñan acceso a Internet ou que precisen asesoramento para realizar a inscrición contarán coa axuda dun técnico informático na Aula informática Cemit.

Os interesados poden acceder á información do Programa de Garantía Xuvenil aquí.