FERROL360 | Sábado 9 decembro 2017 | 12:11
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Coca-Cola European Partners desenvolven un ano máis o concurso literario ‘Coca-Cola Novos Talentos-Premio de Relato Curto de Galicia’, que ten como finalidade promover o emprego da lingua galega na escrita por parte da mocidade.
O certame, no que levan participado un total de 3100 mozos e mozas galegas, chega este ano á súa décima edición. O obxectivo principal do concurso é promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura entre o alumnado, ao tempo que incentivar a súa creatividade e axudar aos participantes a facer realidade o seu desexo de seren escritores.
O certame está dirixido ao alumnado de 2º curso de ESO que non teñan superado os 16 anos de idade. Os centros escolares son os encargados de seleccionar o alumnado que desexe concorrer á convocatoria, que deberán superar unha proba escrita sobre un tema proposto pola Consellería de Cultura.
As bases poden consultarse nesta web.
Debate sobre el post