FERROL360 | Mércores 2 xullo 2014 | 13:40
O Concello de Narón abriu o prazo de presentación de solicitudes de subvención para asociacións, entidades e clubs deportivos do municipio. A partida que o goberno municipal destinará para estas subvencións é de 30.000 euros.
Os interesados poden retirar as súas solicitudes nas oficinas do Servizo de Deportes, situado no complexo polideportivo municipal de A Gándara, en horario de 09:00 a 13:00 horas. Unha vez cubertas, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de presentación das instancias é de 30 días naturais a partires do pasado luns.
As solicitudes tamén poderán atoparse aquí e os interesados só teñen que cubrila e imprimila para a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello nos prazos sinalados anteriormente.