FERROL360 | Luns 14 novembro 2016 | 13:23
Os interesados en instalar un posto no VIII Mercado de Segunda Man de Sedes xa poden solicitar o permiso no Concello de Narón. O prazo para realizar esta inscrición finalizará o vindeiro día 12 de decembro e un dos requisitos para que os vendedores poidan participar será a entrega de dous quilos, mínimo, de alimentos ou produtos de limpeza para Centro de Recursos Solidarios.
O evento terá lugar na xornada do 18 de decembro, no recinto feiral do Trece, e os postos permanecerán abertos en horario de 11:00 a 14:00 e desde as 16:00 ata as 20:00 horas. Desde o Concello advirten que está prohibida a participación de menores de idade e comerciantes ou vendedores ambulantes, dirixíndose esta iniciativa a particulares.
As inscricións son de balde e o número máximo de participantes fixouse en 120. O formulario de inscrición poderá descargarse da páxina web do Concello, ou solicitala no Rexistro Municipal, e deberá entregarse no propio Rexistro municipal unha vez cubertos os datos requeridos pola organización.
Debate sobre el post