FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 10:24
A Xunta de Galicia vén de abrir de novo o prazo para presentar as solicitudes da prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos de idade, é dicir, nacidos entre o 2 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015.
Este prazo é só para as familias que non presentaron a súa solicitude no prazo anterior, nos meses de febreiro e marzo. Ahora teñen ata o 7 de outubro para presentar este impreso. Os requisitos son os seguintes: os proxenitores deben ter a súa residencia habitual en Galicia, na data da solicitude os nenos deben convivir coa persoa solicitante.
Por último, que durante o ano 2013 nin as persoas solicitantes, nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso.
Debate sobre el post