FERROL360 | Mércores 10 xuño 2015 | 17:31
As formacións de BNG, PSOE, Somos Fene e EU chegaron a un acordo para formar goberno en Fene. Despois das xuntanzas dos últimos días, os catro grupos definiron un programa de mínimos que deberá servir de base «para a posta en marcha dun goberno estable, solvente e de esquerdas» no Concello, indican nun comunicado.
A intención das forzas políticas é publicar ese programa para que os veciños podan consultalo. Agora, as xuntanzas proseguirán co obxectivo de concretar un organigrama de goberno que defina concellerías e responsabilidades. Cabe lembrar que este sábado 13 de xuño terán lugar os plenos de investidura en todos os Concellos.
Debate sobre el post