FERROL360 | Mércores 4 abril 2018 | 9:54
A reclamación realizada polos concellos de Fene, Cabanas e Mugardos a Augas de Galicia para traballar conxuntamente na posta en valor do río Baa, tivo unha boa acollida por parte do ente autonómico. Nun encontro en Santiago de Compostela este martes acordouse a elaboración dun proxecto integral de recuperación e rexeneración integral do curso fluvial.
A reunión contou coa participación de Roberto Arias, subdirector xeral de Programación e Proxectos de Augas de Galicia; do concelleiro de Medio Ambiente de Cabanas, Manuel González, e do técnico de Medio Ambiente de Mugardos, Juan Pereira, así como da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz.
Pilar Díaz considerou positiva a reunión e informou de que os técnicos de Augas de Galicia percorrerán o curso do río Baa, acompañados polo técnico de Medio Ambiente de Mugardos e representantes dos tres concellos, coa finalidade de elaborar o proxecto de rexeneración. Segundo o establecido no encontro, esta visita podería producirse xa a vindeira semana.
No proxecto de rexeneración e recuperación do río Baa abordaranse, por parte das administracións implicadas e segundo cadansúa competencia, o control da contaminación, de puntos de vertido e calidade das augas; limpeza do cauce e zonas de policía para evitar as inundacións e recuperar os canais que existían con anterioridade.
Tamén habilitar un paso peonil en todo o percorrido do Baa, polos tres concellos e controlar as especias alóctonas e facer un estudio da posible reintrodución da fauna autóctona.
Debate sobre el post