Publicidad

Acto informativo en Moeche sobre o proxecto de vertido de tecnosolos na canteira de Penasalbas

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 10:47

O Concello de Moeche organiza para este xoves un acto no local social do Pereiro, en San Xurxo, en torno ao proxecto de vertido de tecnosolos previsto para a localidade. A cita comezará ás 19:30 horas e contará coa presenza da parlamentaria e voceira nacional do BNG, Ana Pontón.

O evento servirá para dar conta dos últimos informes emitidos con respecto a esta iniciativa. Pontón, pola súa banda, detallará as iniciativas que levou ao Parlamento de Galicia sobre esta cuestión e visitará a zona afectada antes do comezo da charla. Sinala o consistorio que existe preocupación veciñal ante o plan para a canteira de Penasalbas.

Contempla unha incidencia de 30.000 toneladas nas proximidades do núcleo de vivendas de Penasalbas e do río Xubia. Ao seu xuízo, esta pretensión obriga a manter informados aos residentes no concello ante os datos que vaia recibindo a administración local neste sentido.