Publicidad

Acto público este venres do BNG de Ferrol para conmemorar o Día da Patria Galega

FERROL360 | Venres 17 xullo 2015 | 13:12

O BNG organiza un acto público este venres dentro da campaña para conmemorar o Dia da Patria Galega. A cita será este venres, ás 19:45 horas, na Galeria Sargadelos e contará coa participación dos concelleiros, Eva Espiñeira e Iván Rivas, e coa deputada no Congreso Rosana Pérez.

Os nacionalistas comemoran este ano o Día da Patría baixo o lema: Soberanía é Democracia. Así, demandan a defensa dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva dun novo contexto que, previsiblemente, se abrirá no conxunto do Estado, segundo indican nun comunicado.

Desde o Bloque de Ferrol animan á cidadeanía a participar na manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o vindeiro día 25 de xullo. Así como a pendurar das xanelas e balcóns das casas de toda Galicia a nosa bandeira nacional.

Publicidad

campamentos