FERROL360 | Xoves 11 febreiro 2016 | 18:22
A entidade ecoloxista Adega critica que en Cedeira producíuse unha nova plantación «ilegal» de eucalitos, que «ven a meter mais presión sobre o nosso patrimonio meio ambiental» nunha zona que consideran está masificada por esta especie arbórea desde hai tempo.
As grandes plantacións de eucaliptos «son auténticos desertos» onde so sobrevive esta árbore porque a biodiversidade existente no lugar «nom pode adaptarse a esta especie invasora e tende a desaparecer», alertan desde a asociación. Así, explican que o solo perde a súa riqueza e os animais non son queden de adaptarse ao novo medio, polo que desaparecen do lugar
Ante esta situación, Adaga reclama á Xunta de Galicia que desenvolva un plan para reducir o número de eucaliptos en Galicia, sobre todo na zona de Ortegal, e que fomente a explotación do bosque autóctono.
E é que segundo sinalan desde a entidades as especies propias poden xerar máis riqueza económica, coa producción de frutos como a castaña, cogomelos, mel ou biomasa, e creando máis postos de traballo.
Ao mesmo tempo, esixen á administración autonómica que modifique a lei de montes do 2012 por considerala unha lei «lesiva» co bosque autóctono e feita exclusivamente para o beneficio da industria da pasta do papel.
Debate sobre el post